A CASA DAS FERROVELLAS

28 03 2010

Para todos é evidente que a drogadicción é un mal que afecta de forma devastadora a moitos mozos, e non tan mozos, da nosa sociedade, e que dende tódolos ámbitos tanto políticos como sociais debemos facer todo o que estea ó alcance da nosa man para tentar erradicalo.
No Porriño, é sabido que dende fai un tempo estaba ocupada a casa das Ferrovellas por un grupo de drogadictos que reuníanse alí para os seus guateques habituais, co comprensible malestar dos veciños e veciñas da zona.
A garda civil e o anterior goberno en colaboración, leveban tempo tentando solucionalo, sempre tendo en conta que estaban diante dunha propiedade privada e que para tomar cartas no asunto faría falta pillar a estes “okupas” coas mans na masa. Que sepamos foron varias as redadas que alí se realizaron, sen dar demasiados froitos, pero sempre dentro da legalidade.
O goberno actual, unha semana despois de ocupar o seu cargo,decidiu tomar a xustiza pola súa man e derribar o teito de dita casa, sen permiso dos propietarios e olvidándose do que significa o termo “propiedade privada” co conseguinte perigo de ser denunciados, e se asi fora non lles debía preocupar moito porque as posibles multas sairían dos bolsillos de tódolos porriñeses.
A “solución” tomada aínda que ilegal, podería parecer rápida e eficaz, pero non foi así o caso, xa que os “okupas” seguen por alí, e senón están alí, van casa da Malladoura , ¿tamén a derribarán?, ou a calquera sitio onde poidan mercar, vender e meterse drogas.
O lóxico non sería que o goberno actual esperara a que as forzas policiais remataran as investigacións e actuaran? ou que traballaran de forma conxunta con eles para ter unha solución real do asunto? ou é que teñen tanta presa por facer cousas antes das vindeiras eleccións que nin sequera se plantexan nin a súa legalidade nin as súas consecuencias?
Mal imos no Porriño se con cada actuación do goberno temos que falar de chapuzas e ilegalidades, só levamos dous meses e unha tras outra, véanse badéns da Risca, fonte do cristo ou este caso concreto da casa das Ferrovellas.
Sr. Nelson, claro que queremos que O Porriño avance e se solucionen problemas tan graves coma este, pero queremos que se fagan as cousas ben, sen tantos apuros, que só dan lugar a parches provisionais, xa que os drogadicctos seguen no Porriño e os que lles venden a mercancía tamén, ó mellor non no barrio de San Sebastián, pero sí no noso pobo.


Accións

Información

5 responses

29 03 2010
votante

penso que neste tema fracasou estrepitosamente Duli Diniz. Estivo anos ó fronte da policía local, anos nos que os veciños comprobaron o que é gobernar de espaldas á sociedade. Os problemas as veces son difíciles de solucionar, pero escoitar e estar preto da xente non é tan difícil.

29 03 2010
observador

As autoridades públicas son as primeiras que deben cumplir as leis. De non ser así poderiamos cair nunha dictadura onde os gobernos fan os que lles da a gana porque están por riba das leis.
Os atallos nas cuestións legais sempre son perigosos para todos.

2 04 2010
Jose

Agora están na rúa Domingo Bueno nun piso pagado pola Xunta que non tutelado.

4 04 2010
observador

A venta de droga non se vai eliminar tirando un tellado si non con servicios eficaces de investigación policial. Tirar a casa foi unha medida populista e electoralista que carece de eficacia e ademáis pudo entorpecer o traballo que durante moitos meses se estaba levando a cabo pola policía. Agora todo este traballo terá que empezar de novo e con toda seguridade se tardará máis tempo en ter éxitos policiais.

4 04 2010
Lectora

Sí, é un problema difícil de solucionar. E dende logo se Duli non o fixo ben, este goberno menos. Está claro que escoitar a xente é fundamental pero… ¿en que axudaría iso neste caso? ¿Escoitou Nelson o pobo para tirar o tellado?? Penso que non. Penso que este goberno é máis ben sordo pero iso sí moi faladeiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: