ATERRIZA COMO PUEDAS

8 04 2010

Estas últimas semanas levamos vendo no Porriño ducias de coches mal aparcados, sobre todo nas rúas peonís e nas súas beirarrúas. Se a xente que pasea  os ven, onde andan os municipais?
Isto dos aparcamentos en zonas prohibidas, a parte dunha infracción das normas de tráfico,semella unha falla de respeto tanto os demais conductores coma ós viandantes que ó mellor so queren pasear tranquilamente e non andar esquivando os coches mal estacionados.
Nun destes paseos, concretamente o pasado día 30, xa foi o colmo. Parece incrible que se faga a vista gorda ós coches mal aparcados na peonil mentres seus donos toman tranquilamente un café ou fan unhas compras en establecementos cercanos, pero o alucinante foi comprobar coma un martes de mercado co pobo ateigado de xente, a cofraría da Semana Santa, o cura, o concello ou a quen lle competa este tema, mande estacionar unha furgoneta, (de carmoble para quen lle interese), diante da igrexa para descargar ornamentos para a Semana Santa, sen ánimo de ofender ós que a celebran, cunha zona de carga e descarga a menos de 20 metros. Se os que deben dar bo exemplo fan isto, como podemos pedirlle ó resto da xente que cumpla coas normas? Menos mal que é para actos da Semana Santa e quedarán exculpados…
Por todo isto, habería que recordarlle a TODOS os cidadáns do noso pobo, teñan o cargo ou a ocupación que teñan, que se queremos un Porriño tranquilo e seguro no que poidamos pasear e vivir cos nosos maiores ou nenos/as, respetemos TODOS as normas, o casco urbán do Porriño non é tan grande, e dunha punta a outra tardamos 5 minutos, non fai falla aparcar diante da porta onde imos.

Respeto para TODOS!


Accións

Información

10 responses

8 04 2010
Speaking in silver

E os parking do Porriño a morrer de risa de baleiros que están. Pero claro “es sólo un momentito no te pongas así”… jódete un pouco e paja ti o parking. ¡Menuda “Educación” vial!,
¡Baixe vostede as multas señor alcalde!… a xente que non ten cartos para pagalas xa non se lle ocorre aparcar mal… a xente que non ten cartos para pagar as multas non ten eses cochiños que aparecen nas fotos. ¡¡Que paguen ou que aparquen na Avenida de Galicia!!..

9 04 2010
votante

Penso que Jose Jacobo coma concelleiro de Policía Local estao facendo moito mellor que Duli Diniz.

9 04 2010
peón

Está ben claro que hai unha regresión nas normas cívicas do tráfico no Porriño. O novo concelliro de tráfico, o señor José Jacobo, optou pola posición máis sinxela: deixar de controlar o tráfico e así evita ter follóns cos infractores. A declaracións sobre a súa intención de rebaixar as multas (nunca mási se supo do asunto) foi unha clara invitación as infractores a seguir incumplindo as normas e a pasar por riba dos dereitos dos demáis.
Gobernar é algo máis que poñer macetas e flores.

9 04 2010
unha votante

o que fai mellor que Duli, sera “orinar” de pe, ou montar o cristo por ter que pagar entrada nun acto benéfico, ou lucir o chaleco de camareiro, porque como politico non ten desperdicio.

9 04 2010
porriñes

Ahora ya ni se controla la zona azul,en la plaza de abastos ya hay gorrillas indicandote donde puedes estacionar ,aplicandole la voluntad al conductor.Increible pero cierto,comprobarlo.

10 04 2010
Andrea

¿Votante me gustaría saber las mejoras que está haciendo Jacobo?. El tráfico en Porriño es cada día peor,se aparca donde uno quiere,la zona azul no se controla,la mayoría de los conductores ya no colocan el disco,en la zona del centro de salud todo el mundo aparcado donde no esta permitido,la rotonda es imposible no pisarla,en la zona de Navuxil y Tarela eso ya no tiene nombre,en Pio XII la zona de carga y descarga ocupada todos los días por vehiculos que nada tiene que ver con ese fin,en Antonio Palacios más de lo mismo.El retroceso de Porriño es visible en todo no solo en el trafico,el que no lo ve ó es ciego ó no quiere ver.

14 04 2010
flipadura

A mi lo que menos me importa es el concejal que esta al mando, y lo que de verdad se observa es a los señores municipales siempre con su libretita, actitud chulesca por no decir macarril y con una falta de educacion que rayan constantemente en el delito. Dicen que se quiere ampliar el numero de municipales, yo creo que tendrían que clarificar sus funciones y el servicio que deben dar a la población, tendrian que volver a la escuela y enseñarles como hablar con los ciudadanos, como ayudarles, y como conseguir que se cumplan las normas.La libretita debería ser un último recurso y ser utilizada para todos por igual y no ser selectivos como estos señores hacen. Un saludo y sin acritud

15 04 2010
Veciña

Na rua fernandez Areal, ( peonil) pasan os coches, e alguns a bastante velocidade, calquer dia habera un accidente.

15 04 2010
ysabel

Coches aparcados no rua cando encima da acera enfrente da caixa etc etc …Hay que facer slalon… desastroso señores.donde imos a chegar

15 04 2010
observador

E aqueles guardias tan profesionales que multaban a dios y su madre, donde están?. Pasean polo medio do caos co coche flamante e asubiando como si a cousa non fora con eles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: