QUEREN VOLVER Ó PASADO

14 04 2010

O venres día 9 de abril celebrouse o primeiro pleno ordinario no Porriño despois da moción de censura.

O goberno que tanta presa tivo para convocar os plenos para poñerse os soldos, pasouse do plazo establecido na lei para convocar un pleno normal para tratar asuntos que importan ao vecindario e non só a eles.

Pero que pleno, meus amigos! De doce da mañán a oito da tarde e sin parada para comer. O novo alcalde non tivo nin o respeto e cortesía de facer unha parada para que os concelleiros e concelleiras foran a comer. Como para el ter que facer plenos é unha tortura debeu pensar que era mellor pasar o mal trago todo seguido. Outra explicación non parece que haxa.

Como ben sendo habitual os hooligans de grupo do alcalde montaron un cristo no público. Desta vez con insultos aos de izquierda unida que foran con carteis nas que daban a coñecer as súas protestas. Un follón que se repite pero esta vez parece que os amigos do alcalde foron denunciados na policía local. A ver si aprenden a respetar aos demáis e se deixan de montar bronca.

Tamén estivo ben o punto no que se tratou o conflicto de Graninter (agora La Levantina) e o apoio da corporación aos traballadores e traballadoras que queren desplazar a Alicante. Apoio total da corporación pero tardanza tamén en levar o asunto a pleno. Quedara o alcalde en facelo no mes de marzo e estamos a mediados de abril.

Polo demáis moitos puntos pero a maioría cousas que xa estaban aprobadas inicialmente polo anterior goberno e unhas reformas no mercado que se demostrou que están moi verdes.

Este goberno demostrou que vai tarde, mal e arrastro. Que se comporta con demasiada chulería e que aparte de poñer flores non ten demasiados proxectos que ofrecer.

Como dicía o noso lema da plataforma: QUEREN VOLVER Ó PASADO!


Accións

Información

4 responses

15 04 2010
votante

A convocatoria e duración do pleno é unha chapuza e o alcalde ten rectificar, dialogar coa oposición, cumprir os prazos legais como mínimo e evitar situacións como a dunha Corporación que non pode almorzar debido á celebración do pleno. En canto aos asistentes aos plenos, hai que recordar que a un pleno débese ir a escoitar con respeto, non a dar a nota con interrupcións nin carteliños. Os que deben falar son os concelleiros. O público debe limitarse a escoitar.
Non coincido no de que o goberno non ten proxectos, penso que poñer a andar o Concello coa maioría absoluta de que dispoñen é un gran proxecto. A maioría absoluta que debería gobernar era BNG+PSdeG+IP, pero o Sr.Francés obligou ao pobo do Porriño a estar gobernados por CxP+PP+IP. Por iso fai falta un novo lider no BNG. O Sr. Francés di que quen pensa así é de Louzán. Non é certo, moitos que pensan así son votantes, militantes ou simpatizantes do BNG e queren o mellor para o BNG.

15 04 2010
CIDADAN

A combinacion BNG+PSOE+IP non creo que sexa posible, sobre todo porque IP e CxP morren por entrar no PP, que é o que van facer nas próximas eleccións. O tema do público non me sorprende, os radicais da dereita non van cambiar agora, son os de sempre. Eu estiben no pleno 1 hora, e esta claro que este novo governo esta moi verde, o titulo do artigo debería ser: Tarde, Mal, e Arrastro…

15 04 2010
observador

E volta a falar o amigo de Louzán para xustificar a moción. Francés non, Louzán sí. Ese é o teu slogan. Xa te contratou na Deputación, votante?.

16 04 2010
David

Lamento discrepar contigo pero os plenos son para que os ciudadanos coñezan as politicas e temas municipais pero tamen son para que os rexidores sepan a realidade do pobo. Non somos ouvellas que só debemos escoitar, tamen debemos falar, falar alto e claro pois hai un verdadeiro drama humano, a xente esta a quedar sen casa e sen recursos para poder comer. E estes do goberno o unico que fan pola clase obreira é privatizar todolos servicios socias, como fixeron cas residencias da 3ª idade. Tamen quedou coma un mentiroso o alcalde, pois tras encherselle a boca dicindo que prestou todo o seu apoio os de levantina, contestoulle o presidente do comite dicindolle que realmente non fixera nada por eles, nin chamou a inpeccion de traballo nin nada de nada. Demostrando asi que a este goberno pouco lle importa a clase proletaria, que somos a maioria do pobo. Por outra banda votei en falta mais defensa polo publico, por parte principalmente do PSOE que xa van marcando a sua politica de dereita moderada, e ahi un pouco de defensa por parte do BNG, pero que non puxo moita resistencia. Un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: