TABOLEIRO DE ANUNCIOS

18 04 2010

Por fin temos taboleiro de anuncios no Porriño… interactivo, pódese poñer e quitar, iso si só sirve para publicitar grandes eventos deportivos coma as vellas glorias do madrid e do valencia, e non ó  evento deportivo máis importante desta fin de semana que é a fase de ascenso a primeira división do equipo feminino do balonmán Porriño.


Menos mal que aínda así as chicas do balonmán fixeron pequeno o pabellón dous, xa que alí non cabía nin unha soa alma, mentres o partido de futbol indoor non tiña nin media entrada a pesares de que o goberno regalara invitacións a diestro e siniestro, e nin falar do regalo estrela pola asistencia ó partido, unha estilosa camiseta feita na época do Sr. Barros na que se mostra a fachada do concello adornada coas luces de nadal que lle acostumaban a colocar nesas datas.

Está claro, que tamén nisto QUEREN VOLVER Ó PASADO.


Accións

Información

10 responses

18 04 2010
observador.

Eran horteras entón co alumeado de nadal na fachada do concello. Eran horteras coas camisetas. E agora son horteras coa fonte e o “taboleiro de anuncios” de partidos de futbol. Non aprenderon nada.
Por certo, o do partido de futbol foi un timo de carallo.

19 04 2010
flipadura

Hortera o no, con camiseta o sin ella, el deporte en Porriño tuvo muy poco apoyo del anterior gobierno, esa es la realidad. Para mi es fundamental la promoción del deporte para nuestra juventud, los valores que les aporta son imprescindibles para su formación. Una de las medidas que eche de menos del anterior gobierno fue que no destituyera al gerente del pabellón, impuesto por Barros.

19 04 2010
observador

Entérate do que fixo o anterior goberno en materia deportiva porque vas flipar.
No tocante a despedimentos e persoal hai normas laborais que non se poden nin deben saltar.
O Porriño é un dos concellos que máis gasta en Galicia en materia deportiva.
O que hai que escomenzar a pensar e si ese gasto está ben feito nos equipos que reciben as subvencións. Non creo mentir si digo que o custe ao ano en subvencións ao deporte é de cerca dos cen millóns das antigas pesetas. Son moitos millóns, creo eu para que se veña dicindo que o deporte non está apoiado.
E gastar 17.000 euros nun partido como o do venres é tirar os cartos e en nada beneficia ao deporte de base.

19 04 2010
CIDADAN

Menos mal que este novo goberno, que tanto falaba de que iba a ser moi austero, e que o concello estaba estancado, iba a cambialo radicalmente.
17.000€ que poderian gastarse no deporte base, ou outras moitas de cousas mais importantes. En dous meses, que fixeron para desestancar o concello?

19 04 2010
Jose

¿Porqué dicides que a camiseta é da época de Barros? ¿Foi feita entón e gardada nun baúl ou é que o deseño ó non estar feito pola vosa tropa non mola?

19 04 2010
porrinhoemocion

Pois a decir verdade si que é da época de Barros. Fai mais de sete anos que están no concello. Quedaron no baúl dos recordos do caciquismo, e foron sacadas agora, despois de tanto tempo, para recordarnos que as caras cambian, pero as maneiras non…

20 04 2010
votante

O pasado é Francés, o presente é Nelson e o futuro o que decidan dentro dun ano os porriñeses. O pasado non debe volver e o futuro debe ser mellor que o presente.

20 04 2010
observador

Nelson non é nin presente nin futuro. Nelson é o moneco articulado do teu amigo Louzán, votante.
A ver si vos atrevedes os da moción a presentar ao verdadeiro candidato e presentades a Louzán nas próximas municipais para que o pobo do Porriño lle poda dicir o moito que o quere.
Louzán xa rematou con Barros, con Gonzalo, con Carrera e veremos si lle sirve Nelson ou saca outro coello do sombreiro. Iso é o malo que ten gobernar co mando a distancia.
Non hai alternativa ao proxecto que o BNG levou durante seis anos e para facer algo mellor non chega con botar moitas horas no concello. Hai que ter imaxinación e sensibilidade social. Algo que escasea dende febreiro.

20 04 2010
observador

O presente é Louzán co mando a distancia. Os da moción son monecos teledirixidos dende Pontevedra. Non hai proxecto e non hai sensibilidade social. Moito mando e pouco goberno.
Todos sabemos que as cousas foron a peor dende a moción de censura.

3 08 2010
raparija

Non teño moita idea de estas cousas pero…segun me dixeron o aluger da pantalla do mundia custa unha pasta,a festa da espuma tamen…donde esta o aforro? a austeridade.?…..esto recordame aquelo de pan e circo….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: