PORRIÑO: FLORA E FAUNA

22 04 2010

Pasados xa 81 días dende a moción de censura, podemos xa facer un breve esbozo da dirección que leva este novo goberno de centrodereita. Repasemos primeiro as razóns polas que se presentou a moción:

  1. A maioria de centrodereita.
  2. Falta de unha xestión eficaz, e a situación de parálise do municipio.

Esquécesenos algunha máis? Esta é a lista de razóns que nos levaron ó cambio de goberno porriñes, non as inventamos nós, son as razóns que alegou o novo goberno.

Entremos a analizar agora cada unha delas (tranquilos, debido a curta lista remataremos pronto).

Por un lado, e coa indiscutible axuda das matemáticas, a maioría do centrodereita é impepinable. Pero iso foi así o día da moción, e os sete anos anteriores. Polo tanto, esta razón, aínda que lexítima, fainos pensar que “algo” obligou ás “unidas” filas do centrodereita a demorar presentación da moción. Ben, sen querer profundizar moito no por qué destes anos de indecisión (que cada un saque as súas conclusións), esta circunstancia deulles un tempo precioso a Nelson e ós seus subordinados para crear un plan de actuación urxente ante a apabullante parálese nacionalista que levou a O Porriño a actual situación de anquilosamento.

O que nos leva á segunda razón esgrimida para levar a cabo a moción, a falta de xestión eficaz do BNG. Debido a que nunca explicaron concretamente a que se referían, e vendo as actuacións da actual corporación nestes dous primeiros meses de goberno, podemos supor cales son os importantes temas municipais dos que falan, cousas coma: as pedras rotas da rotonda da central; badéns de quita e pon na baixada de Risca; o grave deterioro da fonte do Cristo (non debería estar permitido ter monumentos de máis de vinte anos, que logo estropeanse e fan feo…); supresión de investimento en actuacións culturais (total iso para que serve?) …

E estas son básicamente todas as solucións que se lles ocurriu frente ós problemas de O Porriño. Se tardaron sete anos en porse de acordo para presentar unha moción de censura que solucionase estes problemas, canto tardarán en porse de acordo para presentar os moi necesarios presupostos municipais? Ou é que acaso neste tempo dedicáronse a solucionar outro tipo de desavenencias persoais e agora tócalles porse as pilas na política local e non saben por onde comezar.

O centrodereita pensou que O Porriño ía realmente despegar coa súa chegada ó poder tan só por ter a maioría no consistorio. Pero vese, dous meses despois, que o único que despegaron foron os seus soldos. Nós, o pobo, seguimos no chan, paseando polas nosas rúas peonís (esperemos que por moito tempo). Eso si, as flores e as árbores volven a estar tan esplendorosas como nos mellores anos do Barrismo…


Accións

Información

6 responses

23 04 2010
votante

Cando un goberno non leva nin sequera 100 días no cargo, e sobor de todo tendo en conta os dous anos e medio de grave parálise que o precederon (non o di a dereita, o dixo, por exemplo, unha voz tan autorizada no mundo nacionalista como a CIG), penso que vos adiantades na crítica. Non toca, aínda que a inquedanza polo fracaso nacionalista no poder é comprensible. Tachar a palabra centro é un erro, pois este goberno é de centro dereita. Podía haber un goberno de centro esquerda, pero o moi respetable Sr. Francés impediuno, afundindo a Porriño e ao BNG durante dous anos e medio… ata que o BNG acabou na oposición e a dereita volveu ao poder. Onde sí se pode criticar ao goberno é no tema dos plenos (mellor un ao mes que dous, e mellor que os concelleiros poidan almorzar que que estean sen comer). E hai que dicir que sí, Porriño despega porque o goberno ten o respaldo da maioría absoluta do pobo, que é o que ao pobo nos fai falta, máis democracia e máis respeto polo que vota a xente.

23 04 2010
Anton Romero

Si co goberno anterior dices que habia paralisis agora o que hay é unha tetraplexia.A CIG non é como tí dis unha voz autorizada dentro do mundo nacionalista,a CIG é un sindicato,Y o BNG é un partido politico.O de centro-dereita ou centro-izquierda,¿Que é?,ou eres de esquerdas ou de dereitas,dices tamen que o Sr. Frances afundiu ao BNG durante dous anos e medio,pois eu penso que os que fixeron a moción de censura teñen tal pánico a o Sr. frances que para ver si con un aniño eles no goberno poden recoller algún votiño maís,dificil o teñen. ¿ Tí seguramente tamen eres dos que pensas que Pedro Pereira seria un bo cabeza de lista para o BNG ? ¿verdad?.Sabedes de sobra que si Raúl Frances se presenta (Eu espero é desexo que así sexa),pouco vos queda que facer o resto.
Dices que este goberno ten o respaldo da maioria absoluta do pobo,só che digo que mires isto,Este goberno non é o que o pobo do Porriño votou.

Elecciones Municipales Mayo 2007

Municipio: PORRIÑO (O) (PONTEVEDRA

Candidatura Votos % Válidos Concejales
BNG BLOQUE NACIONALISTA GALEGO 2.916 27,99% 5
P.P PARTIDO POPULAR 2.383 22,87% 4
CXP CIUDADANOS POR PORRIÑO 1.861 17,86% 3
PSOE PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL 1.629 15,63% 3
IP INDEPENDIENTES DE PORRIÑO 1.221 11,72% 2
OS VERDES OS VERDES-GRUPO VERDE 146 1,4% 0
S.P.L SOCIEDADE POLITICA LOCAL 128 1,23% 0

23 04 2010
observador

Temos un goberno mediocre, autoritario e dividido. Un goberno paralizado por incompetencia e desconfianza entre os seus membros. Louzán intentará resolver a cuestión enviando máquinas antes das eleccións pero non sabe que a xente non se vende por máquinas senón que quere miraralle aos ollos directamente aos políticos que se van presentar. Nelson anda moi tenso e demostra que non ten medo… ten pánico ás eleccións.

25 04 2010
flippadura

No me gusta que tengamos gente en el paro, no me gustan los borregos, ni los que creen que siempre tienen la razón. Me gustan las personas dialogantes, respetuosas con los demás y sobre todo con las ideas y formas de vivir de los otros. Dicho esto, pienso que Raúl fue un buen alcalde, creo que la moción de censura no se debió dar y creo que en las prosimas eleciones el pueblo decidirá quien deberá gobernar ( a mi me gustaría que volviese raúl). Pero las dificultades hacen aveces que no siempre se haga todo lo que uno quisiera hacer, las personas a veces nos equivocamos, y nuestros proyectos e ilusiones pueden quedarse en el camino. La tarea de gobernar un pueblo está llena de dificultades, algunas de ellas de muy dificil solución. A mi me gustaría ver O Porriño sin matadero, sin paso a nivel, con un gran auditorio, con más actos culturales ( sobre todo teatro que tenemos una buena cantera), con salas de cine, y con más deporte. Lo que menos me importa es quien lo consiga porque por encima de todo y todos está O Porriño.

29 04 2010
Eva G. Rei

Moi acaído o título de “flora e fauna”, o que pasa é que agora mesmo está mellor a flora (plantaron de novo en moitos xardíns – estamos no tempo -) que a fauna…
A fauna, é dicir, a cidadanía porriñesa neste caso, precisa alimentar tamén a súa mente (que non todo vai ser encher o bandullo), e neste tempo que levan no goberno “os novos” aínda non fixeron unha soa actividade cultural.
Deben estar a preparar algo “moi gordo” porque senón non se entende…
menos mal que nos queda a Escola de Teatro, a Escola de Música, e as asociacións culturais, musicais e deportivas… sen a participación da veciñanza non habería cultura no Porriño.
Agardemos que non vaia a peor.

2 05 2010
Manos

A critica e unha ferramenta moi util , inda que neste caso prefiro falar da Dereita (tal como se definen eles) como un grupo do que observo unhas intencios de uso do poder de control e economico e poucas medidas de servizos de desenrolo da sociedade.
Isto ten a sua gravidade inda que esta de moda gobernar desta forma… despotismo, lucro, distanciamento das resolucions das problematicas do pobo… isto ten a sua similitude tanto dos ultimos anos de goberno de Raul Frances como destes que entran, inda que Raul tiña unha actitude mais disimulada.
Que se funde, cree esta paxina co motivo da perda de poder BNG e unha mostra tamen da conciencia interesada de persoas que non buscan un fin comun senon un interes parcial.
Arriba a promocion da convivencia, da felicidade comun dende calquera das suas formas mais humanas, respetuosas e livres… pero cada un ten a liberdade de seguir loitando ou agardando solo polo seu, sen ter en conta ou a costa dos demais…

Apertas incondicionais ;o)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: