O XOGADOR NÚMERO 12

23 05 2010

\”El gobierno rinde cuentas\” Artigo de hoxe de Gabino Porto no Faro de Vigo

PRIMEIRA ENTREGA DA CRÓNICA DO PLENO EXTRAORDINARIO.

Moitas veces se ten falado da importancia que ten para os grandes equipos de fútbol poder alinear nos partidos importantes doce xogadores en vez de once e que este novo xogador desequilibrante non xogue coa camiseta do equipo que apoia senón vestido de árbitro, con silbato e capacidade de sacar tarxetas.

Ter ao arbitro a favor é garantía de éxito.

Lendo a crónica do pleno extarordinario solicitado polo BNG e celebrado o pasado venres no concello é facil descubrir que o árbitro, isto é, o cronista do Faro, Gabino Porto, antiguo secretario persoal de Barros con soldo no concello, que ademáis non asistiu ao pleno, asina un acta do partido que debería pasar a ser estudiada nas facultades de arbitraxe (isto é de xornalismo) por ser unha peza difícil de superar.

Aquí vai a nosa crónica do que pasou no pleno e o que recolleu Gabino Porto:

Inicio do partido:

As equipas preséntanse no campo de xogo e, a pesar de que o árbitro non asiste, comenza o partido.

Minutos iniciais:

Aprobación das actas dos partidos celebrados dende que o equipo de Nelson Santos lidera a liga.

A proposta do equipo do BNG quedan sobre a mesa por non reflexar o acontecido nos partidos celebrados. Con esta é a terceira vez que quedan sobre a mesa sin que o alcalde fixera xestión algunha para que foran rectificadas.

Primeiro ataque do equipo do BNG convocante do partido:

Pregunta sobre si é certo que o equipo local aumentou casi o doble dos traballadores e traballadoras en colaboración social logo de ter criticado ao goberno saínte na moción de censura este tipo de contratos. As cifras recollen que se pasou de 33 a 53.  É certo que aumentaron e que en tres meses se gastaron os cartos previstos para todo o ano.

O árbitro Gabino Porto non reflexa no acta esta circunstancia e o gol non sube ao marcador.

Segundo ataque do BNG:

Pregunta si é certo que o novo goberno paralizou a contratación por oposición libre de tres prazas no concello (informátic@, traballador/a social e técnic@ en recursos humanos). Nunha perfecta combinación anuncia que o propio fiscal xefe de Pontevedra remitiu un requerimento ao novo equipo de goberno para que continuara co proceso selectivo.

O concelleiro delegado de persoal admite que as paralizaron pero que agora van continuar co proceso. Non explica si se debe á petición do BNG ou da fiscalía. Tampouco da prazos e recoñece que moitos dos opositores e opositoras foron ao concello a queixarse e foron recibido por el mesmo para darlles explicacións. Tamén recoñece que dúas destas prazas foron cubertas momnetaneamente sen tribunais. Informático e Traballadora social.

O BNG acusa ao goberno de preferir os contratos a dedo que as oposicións libres.

O goberno contraataca dicindo que eles firmaron un convenio colectivo cos traballadores e traballadoras (no que se defende a necesidade de acabar cos contratos precarios como os realizados) e que todo o mundo está moito máis motivado que antes.

O árbitro do encontro, apunta o gol ao equipo local e recolle as declaracións dos delegados do persoal con praza no concello.

Terceiro ataque do BNG:

Pregunta polo deterioro do tráfico, a falta de vixianza dos discos da zona azul de aparcamento limitado no Cando e San Benito e a multitude de coches que aparcan enriba das beirarrúas da humanización de Manuel Rodríguez, as zonas de carga e descarga e as zonas para persoas discapacitadas.

O portavoz do goberno di que as prioridades en materia de seguridade as marca a policía local e que o denunciado non é tan prioritario. Acusa ao BNG das baixas por enfermidade que había na policía e di que agora están moi motivados e traballan como nunca.

Durante o debate o  BNG  pregunta ao goberno sobre a noticia publicada no Faro de Vigo, con gran despliegue, de que o novo goberno ía rebaixar as multas de tráfico. O goberno indica ao BNG que non se debe fiar do que publican os periódicos e que eles nunca dixeron tal cousa.

Pese a ser aludido directamente, o árbitro non reflexa nada no acta e polo tanto esta xogada non ten incidencia no resultado.

Termina este periodo de xogo cun dous a cero a favor do goberno según a acta arbitral.

Retomarémola segunda parte do encontro próximamente. Permanezan atentos ás súas pantallas…

(Para ler a crónica do Faro pincha no enlace que está na entrada deste artigo).


Accións

Información

7 responses

23 05 2010
Speaking in silver

A culpa é nosa por leer esa “merda” de periódico partidista que é o Faro.
Non me joder, día sí día non sale unha foto de Nelson, o que poña é o de menos:
“son un equipo de gobierno maravilloso que estan haciendo lo que no hicieron otros”… hai quen comulga con rodas de muíño e sigue a pensar que é champán o que lle cae dende a pirola dalgún…
O que queira entender que entenda.

24 05 2010
C3PO

Como se pode cubrir unha noticia sen asistir a un acto coma este?
P.D. perdon pola miña ignorancia…

24 05 2010
flippadura

La aparición en escena de este elemento, ya se vio en los articulos escritos antes de la moción de censura, intentando preparar el camino y manipulando la información para que la moción de censura pareciese algo natural y razonable. Personajillos como este estan en muchos medios, donde la defensa de la derecha a ultranza es su forma de vida y la poca verguenza su DNI.

24 05 2010
observador

Volve o enchufismo e o caciqueo. E diante de todo Gabino exercendo de Manolo el del bombo. En tres meses Porriño volveu a ser o Porriño de Barros. Eso é o que querían coa moción de censura.

25 05 2010
migue

Dende logo que o artigo de Quico está curioso, pero non penso que lle compense iniciar un guerra con ningún medio ou corresponsal se quere ser candidato, porque el xa sabe o que pasa cando isto ocurre. Eu penso que o que tiña que facer era enviar a prensa un artigo do mesmo tamaño que o publicado resumíndo a postura do bng no pleno, porque en ocasions funciona e sae publicado inda que sexa un pouquiño. Normalmente cando se fan as cousas ben non te enfrentas co periodico senon que, a pesar de que a veces non che fagan moito caso, mandas notas para deixar claros os puntos de vista, unha e outra vez… Traballando con seriedade consiguense máis cousas que cabreándose. Eu dende logo si son Quico comenzaría modificando o artigo e retirando do mesmo as alusións o corresponsal e o medio, especialmente o medio.

25 05 2010
Cervatano

Moi bo o artigo faltoulle un Nelson non me fodas!!! Tarxeta roxa o Frances que me fai preguntas moi difíciles e non sei que contestar!!!!

E unha vergoña o que esta a acontecer cos medios de comunicación neste país co faro, a voz……

25 05 2010
porrinhoemocion

Sinto desilusionarte Migue, pero Quico (supoño que te refires a Paz Antón) escribiu tanto deste artigo, como Gabino debeu escribir no do Faro de Vigo.
Se o BNG ten que decirlles algo o Faro ou a calquer outro medio, é cousa deles. Nos aquí tan só pómolo noso punto de vista sobre un feito que se ven repetindo dende moito tempo atrás. Que é o partidismo indiscutible de Gabino Porto cara unha ideoloxía.
Por suposto non retiramos as alusións nin o Faro nin a Gabino, pois son parte importante da temática do noso artigo.

Grazas por suposto por participar no noso foro, pero agradeceríamos que non poñas palabras na boca de xente, se non sabes quen as escribe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: