O XOGADOR NÚMERO 12 (segunda parte)

26 05 2010

Según recolle na acta o árbitro Gabino Porto, o partido continúa cun 2 a O a favor do equipo do goberno. (ver crónica no anterior artigo)

Bastante calor na tarde e numerosas ausencias no público por causa de celebrarse o encontro nun dos días grandes do festival de Cans. Xa sabemos que o alcalde non é moi amigo dos chimpíns e se cadra por iso colocou o pleno nesta data.

Estaría o árbitro Gabino Porto tomando birras en Cans mentres se celebraba o pleno? Investigaremos este particular.

Cuarto ataque do BNG:

O BNG pregunta sobre a actividade da área de urbanismo e sobre as licencias e expedientes de disciplina que asegura que están paralizados.

O goberno responde que iso non é certo e que pasou pouco tempo para poder facer unha evaluación sobre este tema.

O árbitro recolle na acta a seguinte frase lapidaria do reponsable do goberno:

“hemos tenido que estudiar y conocer la situación actual de cada uno de los departamentos, lo que ha supuesto que todo vaya más despacio, pero sin pausa alguna”. E apunta o tanto ao equipo local. Tres a cero no marcador.


Quinto ataque do BNG:

Novo cambio no rumbo do partido que pasa a centrarse nas áreas de Vías e Obras.

O BNG pregunta como está a execución dos plans que deixou preparados o BNG do novo Plan E do Estado por 1.800.000 euros. Con papeis na man demostra que está paralizado e dende o mes de febreiro, no que os fondos foron confirmados, non se moveu un papel. Ademáis advirte de que se modificaron as bases utilizadas no pasado ano e agora daranse menos puntos ás empresas por contratar traballadores e traballadoras do paro. Informan que no pasado plan foron contratadas 75 persoas paradas da bolsa de emprego do Concello.

O goberno non é capaz de explicar esta inactividade

O BNG insiste argumentando na necesidade de contratar canto antes as obras para favorecer o emprego e sinala que chega o verán e as vacacións e que pode haber problemas para inicialas neste periodo.

O goberno afirma non sentirse preocupado por este particular.

O árbitro marca gol para o equipo local e recolle na acta o seguinte:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Sinala a liña divisoria para que continúe o partido cun claro catro a cero no marcador.

Sexto ataque: O BNG volta a sacar dende a liña divisoria e pregunta polas obras de saneamento que están pendientes na Xunta.

O goberno replica que lle pediu ao conselleiro da  Xunta que paralizara os procesos mentres eles facían un mapa informatizado da rede de saneamento.

O BNG replica que os proxectos de obras son adecuados e necesarios e non comprende como dende o concello se pide á Xunta que os paralice. Ademáis recorda que O Porriño foi o último concello en conectar o saneamento á depuradora de Guillarei.

O árbitro non cre que haxa que recoller esta incidencia e se mantén no que xa recolleu na acta:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Apunta un novo tanto ao equipo local e con este o resultado reflexa un claro cinco a cero.

Séptimo ataque: Volta sacar da liña divisoria o BNG para debatir sobre a actuación da Deputación de Pontevedra.

Pregunta sobre os fondos presentados polo BNG na convocatoria feita pola Deputación e que foron aceptados por esta e todavía non están en marcha.

O goberno lanza o balón fora e di que esas cousas dependen de Louzán directamente e xa lle preguntarán cando pensa facelas.

O BNG asegura que se están retrasando para que se acheguen o máis posible ás datas das eleccións e que O Porriño sigue a ser discriminado polo señor Louzán.

O árbitro, tratándose do persoaxe do que se fala, non recolle estas afirmacións na acta e decreta un novo gol ao equipo local.  Seis a cero no marcador.

O BNG mostra a súa indignación pola palalise do goberno en temas tan importantes para o vecindario e o emprego pero as súas protestas caen en saco roto.

O árbitro non recolle nada na acta e se remite ao recollido anteriormente:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Un pouco canso do partido, o goberno municipal decide deixar sobre a mesa a petición do BNG de invertir os cartos das expropiacións pola ampliación da CTAG en Budiño nas pistas de atletismo e na zona recreativa que se verán afectadas.

Na mesma posición defensiva o goberno deixa sobre a mesa a petición de iniciar as obras comprometidas polo concello no soterramento da liña de alta tensión de Torneiros e para as que o pleno da corporación aprobou un crédito co goberno anterior.

Tamén se deixa sobre a mesa para mellor estudio o expediente de modificación puntual no Polígono da Granxa que os que conforman o goberno xa deixaran sobre a mesa no último pleno do anterior goberno celebrado en xaneiro deste ano.

O árbitro non recolle estes asuntos na acta e os mesmos non alteran o contundente resultado. E pita o final do encontro cun claro marcador de SEIS A CERO a favor do equipo local.

Conclusión final:

Os xogadores do PSOE manifestaron tomar nota das respostas do goberno nas comparecencias e anunciaron que intervirían sobre as mesmas en próximos plenos. Posición que é facilmente entendible nun partido plantexado a dous e que non tiña vocación de converterse nun triangular.

Non queremos deixar de recoller na nosa crónica as múltiples afirmacións do goberno sobre o contento que está o vecindario con eles e o moi unidos que están.

Non podemos menos que felicitar ao árbitro deste partido, Gabino Porto, pola súa actuación modélica e simplemente botamos en falta que aproveitando a contienda non pidira que nos próximos encontros se obligara á oposición a acudir cun pano na boca e atados de pes e mans para que o partido non durara tanto tempo cando xa se sabe o resultado de antemán.


Accións

Información

5 responses

26 05 2010
votante

Só cabe felicitar o grupo do BNG pola laboura de oposición e control á xestión do Sr. Santos no devandito pleno. Penso que a medida que trancurra o tempo hai que endurecer dita laboura, facéndoa máis contundente, pois é previsible que o caciquismo, clientelismo e falta de respeto ós compromisos asumidos aumenten por parte do Sr. Santos. No relativo ó Faro, rogar a dito periódico que cambie no que respecta o alcalde, porque un medio coma o Faro non debería arrastrarse dun modo tan servil.

27 05 2010
ointe

Pues yo creo que si bien Carrera estuvo poco habil frente a Pedro, Jacobo de comio con patatas a Raul en el tema de personal, incapaz en 6 años de aprobar el convenio colectivo, como tan bien denuncio la propia CIG.

27 05 2010
observador

Os partidos gañanse no campo e non nos despachos. Nelson quixo gañalo no despacho pero hoxe o público grita: tongo!.

28 05 2010
ointe

El problema del BNG es que es poco creible, porque hace cuatro meses gobernaba y desde hace un par de años la gestion del concello fue a peor. Raul se enquisto y no quiso hablar con nadie y la cosa en el concello iba de mal en peor, lo decia mucha gente.

Nelson es desde luego, mucho peor, pero lleva poco tiempo y aun no se ha quemado. Creo que en todo caso, g el BNG va a pagar cara su estrategia de aislarse.

El otro dia me sorprendia escuchar al propio Raul hablando de cosas que el mismo no hacia cuando gobernaba. A veces en poltiica hay que tener pocos escrupulos, parece.

Por cierto, que el tema mas sabroso del pleno, el de la recalificacion de la parcela de poligono donde esta Briko King, que el BNG propuso (cosa que no acabo de entender muy bien), no aparece en el articulo.

Sera que al BNG no le interesa decirlo?

28 05 2010
porrinhoemocion

O que teña que dicir o BNG supoño que o vai dicir o BNG onde mellor lle pareza.
O que nós dicimos dende este blog, que é da nosa responsabilidade, é que o da parcela de A Granxa está recollido no artigo.
Como parece que estás interesado podemos ampliar a información.
Este expediente parece que quedara sobre a mesa no último pleno que se celebrou con Raúl de alcalde porque os que agora son goberno impediron que se votara.
No pleno do partido do venres o goberno dixo que quería volver a deixar ese asunto sobre a mesa porque faltaban algúns flecos ou informes no expediente.
O BNG preguntoulle directamente ao secretario si era certo que o expediente estaba incompleto e faltaban informes e este dixo que estaba completo.
Logo lle preguntou si todos os informes técnicos eran favorables e o secretario contestou que sí.
A pesar de iso o punto quedou sobre a mesa para un próximo pleno.
Como ves, estimado oínte, nos oímos perfectamente.
De todas formas gracias por participar neste blog.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: