NELSON E MARCELINO SAEN NAS IMAXES DO NO-DO

6 06 2010

Hai moitos anos cando ías ao cine (Capitol, Roxi ou Palacios) botaban antes da película unha cousa que se chamaba o NO-DO que non era máis que unha sarta de imaxes cutres de Franco inagurando pantanos ou pescando salmóns no río Eo, mentres unha voz engolada de macho ibérico ía contando o ben que ían as cousas, o moito que medraba España e o moito que os españoles querían ao seu goberno.

Co paso dos anos, o NO-DO xa non metía o respeto que metía nos anos máis duros da dictadura e nenos e maiores aproveitaban o “noticiario” para comer pipas, facer bromas cos veciños de butaca e as parellas de mozos preparaban o esceario para logo meter man durante a peli.

Cando había manifestacións obreiras do 1º de maio, o NO-DO sacaba ao Caudillo presidindo os actos ximnásticos militares no campo do Bernabeu. Cando dúas bombas atómicas caían no Mediterraneo con evidente perigo de explosión ou contaminación nuclear, saía Fraga bañándose “tan pancho” na praia de Palomares. E así sucesivamente.

Era o mundo de “aquí no pasa nada” e do grito de “Franco, Franco, Franco” que pretendía ocultar unha realidade de miseria, dictadura e caspa.

O noso querido alcalde, que chegou ao poder despois da moción de censura e que asumiu personalmente a área de cultura, está a demostrar coas notas que publica no Faro de Vigo que unha das súas aportacións culturais máis siginificativas vai ser resucitar o NO-DO.

Para axudarlle nesta labor cultural de recuperar tan increibel noticiario, imos aquí a deixarlle a vostedes, queridos lectores e lectoras, a voz do NO-DO coa información do goberno de Nelson Santos tal como a publica Faro de Vigo e poñerlle as imaxes que as nosas cámaras poideron recoller no evento comentado na hora punta de asistencia ( as 11:45 horas).

Escomenza o NO-DO. Ocupen as súas butacas.

El nuevo mercadillo de Porriño logra llenar todo su espacio a pesar del boicot

La Asociación del Pueblo Gitano había anunciado que sus vendedores no acudirían

G.P. – PORRIÑO El nuevo mercadillo de Porriño, creado para los sábados por el gobierno local, resultó un éxito de puestos y público, según manifestó ayer el concejal Marcelino Coto.



Así, el espacio en la zona del mercado de abastos elegido para esta feria quedó totalmente lleno al instalar 42 puestos de seis metros.



El éxito fue mayor teniendo en cuenta el boicot planteado por la asociación del Asociación del Pueblo Gitano, dirigida por Sinaí Giménez, que anunció que sus vendedores no acudirían a este mercado como medida de presión por no haber sido  consensuado con este colectivo.

Marcelino Coto informó que lamentablemente hubo diez vendedores que no pudieron instalarse “pero existe un compromiso por nuestra parte de buscarle espacio”.



El nuevo mercadillo de Porriño fue creado para dinamizar el mercado local, al creer que su realización incrementa la afluencia de público al centro de la localidad y permite que el mercado tradicional mejore también sus ventas.

“Estoy verdaderamente satisfecho de la idea resultase bien y vamos a seguir adelante con la misma”, indicó ayer Coto.


Accións

Información

4 responses

7 06 2010
Mª del Carmen Fernandez

¿ SÏ Marcelino Coto es capaz de mentir tan descaradamente en algo que está a la vista de todo el mundo que hará con lo que no podemos ver?.Marcelino Coto miente más de lo que habla,y mira que habla.
Sí el faro de Vigo fué capaz de publicar semejante mentira,y ocupar con ello media página¿para que comprar este periodico,que lo único que que publica y que es cierto es su precio?.
Ya estamos hartos de tantos desprecios,abusos y mentiras del gobierno de Nelson Santos y solo llevan cuatro meses,que llegue pronto mayo del 2011,que estes desnortados nos arruinan.

7 06 2010
Yo

La increíble plaza de abastos donde se celebra el “mercadillo” estaba ABARROTAAA …jajaa, a mí me han robado la cartera por la masiva de personas que allí había…jajaja, por favor señores que pongan más vigilancia!!! Porriño no esta acostumbrado a esto!!
Lo que más llama la atención es la masiva asistencia de vendedores ambulantes que allí había, y todavía han quedado 10 sin puesto?…Señores del gobierno dejen de mentir, como se pueden hacer unos comentarios tan penosos, en faro de Vigo? Menos mal que tenemos unas fotos que lo dicen todo…bueno, yo lo vi con mis propios ojos….. MENTIROSOOOSSSSSS!!!!

7 06 2010
María

Acabouse o mercadillo do Porriño…. anda que vaia desastre, estou abraiada ante tan maravillooooosa e asombrooosa idea, vaia que non sei si o faran neste día para competir co de Ponteareas e que así non veña ningún comerciante ou si será coa intención de amolar un pouco a ver si así nos fan ver que son necesarias tantas prazas de auxiliares dos locais. Tanto falar de que o Goberno anterior non era quen de poñelos a traballar e contratan tantos auxiliares porque os que deben ir traballar están na casa a pasalo ben, que xa é verán e haiche que ir á praia.
Outra cousa, conveciños tede cuidado os sábados, que a partir de agora con tanta afluencia non se vai a poder entrar no centro……….
Esperemos que chegue o ano que ven prontiño…..

7 06 2010
,Begoña

Enton, o final …¿donde dicen que puxeron os outros trinta e pico postos que non vin alí???????? Xa mo dicia miña nai, que fora a D.Servando a mira-la vista, ¡¡¡Qué razón tiña!!!! Ou é que estaban no pabillón? Con isto de organizar duas festas infantiles o mesmo dia , á mesma hora e en dous sitios distintos do pobo, igual se aficionaron e o dia seguinte, mandaron poñer os postos de lenceria fina no citado pabillón…, si é asi, podémoslle dicir o Sr. Alcalde que poña os postos dos zapatos no patio do albergue de peregrinos…. así tamén subirían as vendas de género……Isto e un pobo sin organización, (a excepción claro está da organización, facilitada pola comparsa colores nos actos culturales da praza do concello) que vergoña…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: