Estimados seguidores do blog, sentimos a tardanza das publicacións, debe ser pola chegada do calor ou pola recaca mundialista, pero no Porriño hai unha parálise case total de actuacións municipais, e polo tanto gran escasez de noticias.
Ó inicio do mandato deste tripartito hasta facía gracia mirar pola rúa ós nosos novos gobernantes agasallar con efusivos saúdos, bicos e abrazos a canto veciño se cruzara con eles, pero señores Nelson, Carrera, Marcelino e cía, xa é hora de que fagan algo para poder xustificar o cobro dos seus “aumentados” soldos.
Nestas últimas datas, do seu traballo só cabe salientar o gran despregue tecnolóxico co que nos abraiaron o día da final do mundial, a SUPERPANTALLA XIGANTE na praza do Concello.
Non imos negalo, a idea aínda que non moi imaxinativa, xa que se fixo na maioría dos concellos, non foi mala, a pesar de que parece que ós hosteleiros do Porriño non lles fixera moita gracia.
Pero, a función da pantalla era ver o partido, non???
- 20.00 Proba de imaxe, o alcalde pletórico saudaba a todo o mundo cun amplo sorriso.
- 20.10 A pantalla reflexaba o rotulo “SIN SEÑAL”, a xente comezaba a porse nerviosa.
- 20.20 Primeiros pitos, Nelson e Alejandro Caroca xa non saúdaban senon que sudaban.
- 20.25 Pitos e máis pitos, “SIN SEÑAL”, corrían os cables dende a cafetería Fontana ata a “GRAN PANTALLA”, algunha xente xa saía apurada hacia ós bares para ver o comezo do choque.
- 20.30 Pitido inicial, aínda non se vía o partido, uns minutos máis tarde iniciase a emisión con continuos cortes no sinal, (seguro que isto estaba preparado para darlle máis emoción o partido), pero en fin hai que consolarse, polo menos algo se miaraba!!
Pero como de todo se aprende, o actual goberno deunos un claro exemplo do que non se debe facer cando se organiza un acto social, mostrando unha carencia planificación e coordinación no traballo, debeu ser a única pantalla que non se veu en España.
E sí, despois do partido houbo unha gran afluencia de público a praza, a maioría dende os bares, esperando unha festa da espuma que se demorou máis dunha hora dende que rematou o partido, outro claro exemplo de preparación do evento, cando a maioría dos veciños xa se dirixiran ó parque canónico, lugar das celebracións deportivas por excelencia no Porriño, porque o único que quería a xente era celebralo cunha festa.
Moralexa: A pesar dos pesares, sempre nos quedará o canónico.
O noso alcalde non se deixa ver por que co soldo aumentado que ten foise a ver o tour de francia, mentres moitos dos porriñeses continuan ca ilusion de que españa ganara o mundial e ca ilusion de que topen traballo, por que si o noso alcalde ten un soldo extratorferico e vaise de vacacions mentres os demais mortales que estamos no paro ………… comeremos ostias cando non topemos traballo e se nos termine o paro miserable que nos quede.
Pero tranquilos Nelson e alcalde e iso e que importa seguro que na sua conta da caixa estara a bo recaudo e cheiña de cartos e pa mais inri el de vacacions a mirar o tour.
Manda carallo que bo traballo, e pagado.
Un biko miña pequena Piwi.