Ler para crer…

29 09 2010

Nun estado laico e aconfesional, o noso alcalde Nelson Santos, obsequiou a un milleiro de afortunados porriñeses con esta invitación:

A sociedade porriñesa ten cambiado moito nas últimas décadas. Asi, afortunadamente, a nosa sociedade é a día de hoxe multicolor, multicultural, con diferentes crenzas relixiosas, con diferentes lugares de procedencia, con libertade de credo e ideoloxía. Non podia ser doutro xeito nun lugar como O Porriño onde se concentran unha grande actividade comercial e económica e ao que se achegan traballadores/as non so da comarca senon de todo o estado, Europa, África, América e mesmo China. Cidadáns que traballan día a día, hombro con hombro, para facer un mundo mellor para os seus fillos/as. O Porriño é hoxe un arco da vella que resplandece entre a choiva e oa sol, entre a felicidade e a desgracia, entre o pesimismo e a esperanza. Un crisol donde as razas, as ideoloxías, as crenzas en non crenzas relixiosas, as diferentes idades, sexos e orientacións sexuais conviven pacíficamente e buscan unión por riba das súas diferencias, compartindo postos de traballo, centros de saude, escolas, transporte… compartindo vida.
Nesta sociedade polimorfa que ten que representar, o alcalde lanza unha invitación carta e unha estampa con texto no reverso que fai apoloxía dunha parte da sociedade e esquece as demais. Podemos dicir mais: un panfleto que separa ás porriñesas e porriñeses entre os bos e os malos. Un panfleto de propaganda integrista que nos recorda épocas pasadas onde era o poder relixioso o que mandaba sobre o poder democrático.
Señor alcalde: o mundo que vostede pregoa non existe mais que nas mentes cerradas. O Porriño é moi diferente. Incluso para os miles de seguidores do Cristo que non queren que as suas creencias sexan usadas como arma de propaganda política contra aqueles que non comparten as mesmas. Tampouco por miles de creentes que non queren que os seus símbolos de fe se utilicen para que fagan propaganda política os representantes dun partido concreto. A iso se lle chama intolerancia, autoritarismo e prepotencia.


Accións

Información

5 responses

29 09 2010
cristiano

Eu tamén pensei que nos estaban secuestrando o Cristo.

30 09 2010
progresista

acertada denuncia. Raúl facía ben en non ir a procesión e en separar relixión de administración. unha bágoa que non pactase con socialistas e independentes un goberno que lle permitise continuar de alcalde e evitar feitos coma os aquí denunciados. Non coñecía o díptico e a verdade é que é lamentable que se tivera pagado e distribuido con fondos públicos.

30 09 2010
cristiano

Os socialistas e os “independientes” estaban en todas as procesións.

2 10 2010
progresista

non ten nada de malo que estiveran nas procesións: non gastaban diñeiro público con elo, simplemente acompañaban a unha parte do pobo nunha tradición.

6 10 2010
progresista galego

Progresista, o “independiente” de Gonzalo Ordoñez con quen tería que ter pactado o BNG velaí o tes na foto do Ballantines…..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: