Quen somos?

Somos un grupo de veciños e veciñas do Porriño que non estamos de acordo coa moción de censura presentada no noso concello.

Pensamos que o novo goberno non ten argumentos que poidan xustificala, mais que escuros intereses persoais, dirixidos dende a deputación provincial. Descoñecemos a existencia dun programa de goberno conxunto das tres forzas asinantes do pacto, máis alá dun confuso organigrama de áreas para repartir o botín.

Vista a falta de obxetividade da prensa local, o noso obxetivo é informar dos acontecementos mais relevantes tanto politicos como sociais que afectan o noso concello, e fomentar así a participación cidadá dunha forma plural, por medio dos vosos comentarios e suxerencias.

4 responses

26 03 2010
votante

é normal que non esteades dacordo coa moción, pois tiña que gobernar BNG-PSOE-IP. pero o negarse absurdamente Raúl, non quedou máis remedio que a moción, que o final foi boa para Porriño. penso que da moción hai que pedirlle explicacións a Raúl por posibilitala.

26 03 2010
observador

Evidentemente hai xente que pensa que a moción “ao final foi boa para Porriño”. Nelson e o PP teñen os seus votantes que deben estar contentos. Pero para Porriño non é bo aceptar a chantaxe de Louzán e o virús de Pontevedra. Perdemos libertade, dignidade e, ao final, acabamos paralizados como nos mandatos do PP que sufrimos durante anos.

13 06 2010
Con dous dedos de frente

Pactar BNG-PSOE-IP??? Dende cando a esquerda pacta coa dereita-egoista-persoalizada?????? Se o BNG pactase coa dereita non só serían incoherentes, senon que enganarían os seus votantes. Cousa que non lle importa a IP pero a Raul penso que sí.

8 05 2011
culturagalega

MALOS QUE SOIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: