Videos de primera

4 05 2011

Trala visulización do video anterior, surxen algunhas dúbidas e apreciacións que queremos expoñer no blog.

Primeiramente, o acto foi “multitudinario, con máis de 1500 persoas“, nun pavillón con aforo para, 500 persoas nas gradas e 200 na pista, aproximadamente.

Vease:

Concello do Porriño – Pabellón Deportivo

www.concellodoporrino.net

Esta noticia é recollida por Via TV e Gabino Porto, saquen vostedes as súas propias conclusións.

Tamén observamos que o pavillión estaba decorado sen perder detalle, con flores e plantas que dan un aspecto máis acolledor.

ATENCIÓN PREGUNTAS:

  • Que empresa colocou o ornamento floral no mitin do PP e casualmente está facendo traballos para o concello?? —-  Jardima.
  • É isto ético? Quen paga a conta, o PP ou tódolos porriñeses?

Xa no mitin en cuestión, Nelson Santos recoñece que perdeu horas de sono para facer unha lista equilibrada, equilibrio conseguido con traballo, conversacións, e que máis Sr. Santos? Porque para relegar a Carrera e a Coto ós postos 6 e 8 debeu facer falta máis que conversas, disto debe saber algo tamén o Sr. Louzán.

Normalmente, as listas apróbanse por votación asamblearia pero no PP non, os seus militantes entéranse da lista pola prensa, ahí é onde se nota esa unión da que fala o Sr. Jacobo, a unión creada por Nelson Santos baixo a consigna “EU MANDO E ORDENO“. Coñecen vostedes as palabras consenso e democracia?

Despois disto, comparecen todos os membros da lista eloxiando ó seu lider e enumerando algún dos seus logros, como:

  • Innumerables actividades e concertos:
    • Como o de Antonio Orozco? O único concerto nun ano e pico. Bueno tamén houbo un concerto dos grupos locais feito a última hora para intentar calar as críticas polas penosas festas do cristo, que se cambiou de ubicación no mesmo día sen publicitar, donde o son era penoso dada a improvisación, en definitiva feito tarde, mal e arrastro.
    • Onde están os concertos da escola de musica?
    • Onde estan os concertos de hip-hop?
    • Onde está o encontro dos graffiteiros?
    • Onde está Lúa con luvas??
    • En definitiva, onde está a nosa cultura??

  • Festival Haití: Non sei que lle parecerá a Araceli Saavedra e ós VOLUNTARIOS que organizaron este encontro solidario que Nelson se apropie del. Por certo, Sr. Jacobo, xa pagou vostede a súa entrada? como segue sendo aínda concelleiro igual non a pagou… con actos como este nótase que esta lista apoia ós máis desfavorecidos e demóstrase quen ten que “ir para casa”

Tralos 27 discursos volve o jefe Nelson e solta a noticia bomba, no seu perfecto castellano:

“Estoy seguro de que nunca más ningún partido progresista volverá a gobernar Porriño” 

Sr. Santos, xa sabemos que “QUERE VOLVER Ó PASADO“, pero sabe una cosa? FRANCO HA MUERTO.





CARTA A LOS REIS MAGOS

3 01 2011

Queridos Reis magos, soi Nelson Santos, el ilustrísimo alcalde de O Porriño.

Este año 2010 he sido un buen chico, he hechado del gobierno a los rojos nacionalistas do Bng, que lo único que hacían era peatonalizar rúas, perdón quería decir calles, fomentar la cultura, escuchar a todos los vecinos sin preguntar de qué raza, religión o ideología son… como si fuesemos todo iguales!!!

He de reconocer que no todo el mérito fue mío, el amigo Louzán ayudo algo, portaros bien con él que para este año 2011 aun tengo que darle la lata un poco más.

Entre otros méritos en estos 11 meses como alcalde he conseguido:

  • Cargarme todo lo que tenga que ver con la cultura, total eso son chorradas, para qué sirve el teatro, la música, la fotografía, la lectura… yo nunca las necesité para nada! A parte ya sabeis cuanta menos cultura tengan mis vecinos, menos problemas dan.
  • En cuanto a mi política de transparencia informativa, ya le he dicho a Gabino Porto que todo lo que se publique en el faro pase antes por mí, no se vaya a molestar la plebe! Unas pequeñas modificaciones de la realidad nunca hicieron daño y tiene a la gente más contenta.
  • He restaurado los valores de la disciplina y la rectitud, que buena falta hacían en esta vila, y he elevado el respeto por la figura del alcalde, Yo soi el alcalde y mando Yo y esto supone que mi palabra es la última por encima de la de todos, no necesito cabras, ni chimpines, ni mariconadas del estilo, Yo soy el alcalde y aquí mando Yo.
  • En mi lista de tareas diarias está la de felicitar a todos mis vecinos por su cumpleaños, siendo sincero a todos no, con los que tengo el voto perdido ya ahorro la llamada, esto sí que es una buena política de austeridade.
  • He ido a rezar cada domingo a las distintas iglesias de mis parroquias, para que me vean los vecinos y sepan que soy buena persona, entendeis no??

Hago honor a mi apellido y como sabeis los santos siempre fueron mi devoción.

Majestades como vedes este año me he portado de manera excelente, nunca pensando en mí sino en el prógimo, por lo que creo que tengo merecida mi única petición:

  • Quiero que suprimais las elecciones de mayo porque tengo mucho miedo, ¿y si vuelven los rojos?, ¿y si me quitan el sillón?, ¿qué será de mi vida entonces, con lo que me gusta a mi mandar? Yo se que lo hice todo muy bien, aunque Marce y Carrera a veces…

P.D: Perdonar polas faltas de ortografía pero me están contaminando con el idioma         paleto este.

P.D: Hecharle  carbones a Marcelino y a Carrera que me están dando mucho la lata.

Con cariño, Nelson Santos.





29 12 2010





FELICES FESTAS!

22 12 2010

 

 

Non deixedes de ver o video no youtube:

http://www.youtube.com/watch?v=07DklCXuTVM

 





A DERRADEIRA CEA

6 10 2010

Verán do 2010, nalgures entre o Pazo de Barros e a Deputacion de Pontevedra.

Derradeira cea chea de Judas (e güisqui), pero sen Jesucristo…





Ler para crer…

29 09 2010

Nun estado laico e aconfesional, o noso alcalde Nelson Santos, obsequiou a un milleiro de afortunados porriñeses con esta invitación:

A sociedade porriñesa ten cambiado moito nas últimas décadas. Asi, afortunadamente, a nosa sociedade é a día de hoxe multicolor, multicultural, con diferentes crenzas relixiosas, con diferentes lugares de procedencia, con libertade de credo e ideoloxía. Non podia ser doutro xeito nun lugar como O Porriño onde se concentran unha grande actividade comercial e económica e ao que se achegan traballadores/as non so da comarca senon de todo o estado, Europa, África, América e mesmo China. Cidadáns que traballan día a día, hombro con hombro, para facer un mundo mellor para os seus fillos/as. O Porriño é hoxe un arco da vella que resplandece entre a choiva e oa sol, entre a felicidade e a desgracia, entre o pesimismo e a esperanza. Un crisol donde as razas, as ideoloxías, as crenzas en non crenzas relixiosas, as diferentes idades, sexos e orientacións sexuais conviven pacíficamente e buscan unión por riba das súas diferencias, compartindo postos de traballo, centros de saude, escolas, transporte… compartindo vida.
Nesta sociedade polimorfa que ten que representar, o alcalde lanza unha invitación carta e unha estampa con texto no reverso que fai apoloxía dunha parte da sociedade e esquece as demais. Podemos dicir mais: un panfleto que separa ás porriñesas e porriñeses entre os bos e os malos. Un panfleto de propaganda integrista que nos recorda épocas pasadas onde era o poder relixioso o que mandaba sobre o poder democrático.
Señor alcalde: o mundo que vostede pregoa non existe mais que nas mentes cerradas. O Porriño é moi diferente. Incluso para os miles de seguidores do Cristo que non queren que as suas creencias sexan usadas como arma de propaganda política contra aqueles que non comparten as mesmas. Tampouco por miles de creentes que non queren que os seus símbolos de fe se utilicen para que fagan propaganda política os representantes dun partido concreto. A iso se lle chama intolerancia, autoritarismo e prepotencia.





David Busca Amante… no Porriño!!!

3 09 2010

Non, non nos voltamos tolos despois dos meses do verán. Nin cambiamola nosa temática pola música nin moito menos pola prensa rosa. Unicamente trátase de dar coñecemento de que tras sete anos de gaitas e panderetas, chega O Concerto do veran ó Porriño. E é que tralos derradeiros meses de dura austeridade, agora chega o premio. Nas próximas festas do Santisimo Cristo da Agonía, terémolo pracer de disfrutar da sua música no noso pobo!!!
Outro tanto para o noso goberno rexedor…
Non deixedes de visitala sua páxina para estar ó tanto…




SEN NOTICIAS DO MUNDIAL

22 07 2010

Estimados seguidores do blog, sentimos a tardanza das publicacións, debe ser pola chegada do calor ou pola recaca mundialista, pero no Porriño hai unha parálise case total de actuacións municipais, e polo tanto gran escasez de noticias.

Ó inicio do mandato deste tripartito hasta facía gracia mirar pola rúa ós nosos novos gobernantes agasallar con efusivos saúdos, bicos e abrazos a canto veciño se cruzara con eles, pero señores Nelson, Carrera, Marcelino e cía, xa é hora de que fagan algo para poder xustificar o cobro dos seus “aumentados” soldos.

Nestas últimas datas, do seu traballo só cabe salientar o gran despregue tecnolóxico co que nos abraiaron o día da final do mundial, a SUPERPANTALLA XIGANTE na praza do Concello.

Non imos negalo, a idea aínda que non moi imaxinativa, xa que se fixo na maioría dos concellos, non foi mala, a pesar de que parece que ós hosteleiros do Porriño non lles fixera moita gracia.

Pero, a función da pantalla era ver o partido, non???

  • 20.00 Proba de imaxe, o alcalde pletórico saudaba a todo o mundo cun amplo sorriso.
  • 20.10 A pantalla reflexaba o rotulo “SIN SEÑAL”, a xente comezaba a porse nerviosa.
  • 20.20 Primeiros pitos, Nelson e Alejandro Caroca xa non saúdaban senon que sudaban.
  • 20.25 Pitos e máis pitos, “SIN SEÑAL”, corrían os cables dende a cafetería Fontana ata a “GRAN PANTALLA”, algunha xente xa saía apurada hacia ós bares para ver o comezo do choque.
  • 20.30 Pitido inicial, aínda non se vía o partido, uns minutos máis tarde iniciase a emisión con continuos cortes no sinal, (seguro que isto estaba preparado para darlle máis emoción o partido), pero en fin hai que consolarse, polo menos algo se miaraba!!

Pero como de todo se aprende, o actual goberno deunos un claro exemplo do que non se debe facer cando se organiza un acto social, mostrando unha carencia planificación e coordinación no traballo, debeu ser a única pantalla que non se veu en España.

E sí, despois do partido houbo unha gran afluencia de público a praza, a maioría dende os bares, esperando unha festa da espuma que se demorou máis dunha hora dende que rematou o partido, outro claro exemplo de preparación do evento, cando a maioría dos veciños xa se dirixiran ó parque canónico, lugar das celebracións deportivas por excelencia no Porriño, porque o único que quería a xente era celebralo cunha festa.

Moralexa: A pesar dos pesares, sempre nos quedará o canónico.





PROSIGUE O FRACASO

22 06 2010

Un sábado máis o mercadillo da praza volve  a ser un fracaso rotundo.

Cada sábado ocupan máis zona de aparcamento pero non aparecen os novos clientes prometidos.

Mentres esperan, algún dos vendedores durme unha siesta merecida.





HOMENAXE AO DÚO SACAPUNTAS

13 06 2010

O Dúo Sacapuntas foi unha formación cómica que hai anos popularizou algunhas frases no concurso “1, 2, 3 … responda otra vez”.

Unha das máis repetidas e famosas foi aquela de

¿COMO ESTABA LA PLAZA?

ABARROTAAAAAAA!!!!

¿COMO  ESTABA LA PLAZA?

ABARROTAAAAA!!!!.

REPETIMOS.

¿COMO ESTABA LA PLAZA?

ABARROTAAAAAAAÁ!!!.

As veces non fai falta escribir demasiado cando as fotos ( gracias por mandalas) son tan significativas e mostran a verdade desnuda.