NELSON E MARCELINO SAEN NAS IMAXES DO NO-DO

6 06 2010

Hai moitos anos cando ías ao cine (Capitol, Roxi ou Palacios) botaban antes da película unha cousa que se chamaba o NO-DO que non era máis que unha sarta de imaxes cutres de Franco inagurando pantanos ou pescando salmóns no río Eo, mentres unha voz engolada de macho ibérico ía contando o ben que ían as cousas, o moito que medraba España e o moito que os españoles querían ao seu goberno.

Co paso dos anos, o NO-DO xa non metía o respeto que metía nos anos máis duros da dictadura e nenos e maiores aproveitaban o “noticiario” para comer pipas, facer bromas cos veciños de butaca e as parellas de mozos preparaban o esceario para logo meter man durante a peli.

Cando había manifestacións obreiras do 1º de maio, o NO-DO sacaba ao Caudillo presidindo os actos ximnásticos militares no campo do Bernabeu. Cando dúas bombas atómicas caían no Mediterraneo con evidente perigo de explosión ou contaminación nuclear, saía Fraga bañándose “tan pancho” na praia de Palomares. E así sucesivamente.

Era o mundo de “aquí no pasa nada” e do grito de “Franco, Franco, Franco” que pretendía ocultar unha realidade de miseria, dictadura e caspa.

O noso querido alcalde, que chegou ao poder despois da moción de censura e que asumiu personalmente a área de cultura, está a demostrar coas notas que publica no Faro de Vigo que unha das súas aportacións culturais máis siginificativas vai ser resucitar o NO-DO.

Para axudarlle nesta labor cultural de recuperar tan increibel noticiario, imos aquí a deixarlle a vostedes, queridos lectores e lectoras, a voz do NO-DO coa información do goberno de Nelson Santos tal como a publica Faro de Vigo e poñerlle as imaxes que as nosas cámaras poideron recoller no evento comentado na hora punta de asistencia ( as 11:45 horas).

Escomenza o NO-DO. Ocupen as súas butacas.

El nuevo mercadillo de Porriño logra llenar todo su espacio a pesar del boicot

La Asociación del Pueblo Gitano había anunciado que sus vendedores no acudirían

G.P. – PORRIÑO El nuevo mercadillo de Porriño, creado para los sábados por el gobierno local, resultó un éxito de puestos y público, según manifestó ayer el concejal Marcelino Coto.



Así, el espacio en la zona del mercado de abastos elegido para esta feria quedó totalmente lleno al instalar 42 puestos de seis metros.



El éxito fue mayor teniendo en cuenta el boicot planteado por la asociación del Asociación del Pueblo Gitano, dirigida por Sinaí Giménez, que anunció que sus vendedores no acudirían a este mercado como medida de presión por no haber sido  consensuado con este colectivo.

Marcelino Coto informó que lamentablemente hubo diez vendedores que no pudieron instalarse “pero existe un compromiso por nuestra parte de buscarle espacio”.



El nuevo mercadillo de Porriño fue creado para dinamizar el mercado local, al creer que su realización incrementa la afluencia de público al centro de la localidad y permite que el mercado tradicional mejore también sus ventas.

“Estoy verdaderamente satisfecho de la idea resultase bien y vamos a seguir adelante con la misma”, indicó ayer Coto.





O XOGADOR NÚMERO 12 (segunda parte)

26 05 2010

Según recolle na acta o árbitro Gabino Porto, o partido continúa cun 2 a O a favor do equipo do goberno. (ver crónica no anterior artigo)

Bastante calor na tarde e numerosas ausencias no público por causa de celebrarse o encontro nun dos días grandes do festival de Cans. Xa sabemos que o alcalde non é moi amigo dos chimpíns e se cadra por iso colocou o pleno nesta data.

Estaría o árbitro Gabino Porto tomando birras en Cans mentres se celebraba o pleno? Investigaremos este particular.

Cuarto ataque do BNG:

O BNG pregunta sobre a actividade da área de urbanismo e sobre as licencias e expedientes de disciplina que asegura que están paralizados.

O goberno responde que iso non é certo e que pasou pouco tempo para poder facer unha evaluación sobre este tema.

O árbitro recolle na acta a seguinte frase lapidaria do reponsable do goberno:

“hemos tenido que estudiar y conocer la situación actual de cada uno de los departamentos, lo que ha supuesto que todo vaya más despacio, pero sin pausa alguna”. E apunta o tanto ao equipo local. Tres a cero no marcador.


Quinto ataque do BNG:

Novo cambio no rumbo do partido que pasa a centrarse nas áreas de Vías e Obras.

O BNG pregunta como está a execución dos plans que deixou preparados o BNG do novo Plan E do Estado por 1.800.000 euros. Con papeis na man demostra que está paralizado e dende o mes de febreiro, no que os fondos foron confirmados, non se moveu un papel. Ademáis advirte de que se modificaron as bases utilizadas no pasado ano e agora daranse menos puntos ás empresas por contratar traballadores e traballadoras do paro. Informan que no pasado plan foron contratadas 75 persoas paradas da bolsa de emprego do Concello.

O goberno non é capaz de explicar esta inactividade

O BNG insiste argumentando na necesidade de contratar canto antes as obras para favorecer o emprego e sinala que chega o verán e as vacacións e que pode haber problemas para inicialas neste periodo.

O goberno afirma non sentirse preocupado por este particular.

O árbitro marca gol para o equipo local e recolle na acta o seguinte:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Sinala a liña divisoria para que continúe o partido cun claro catro a cero no marcador.

Sexto ataque: O BNG volta a sacar dende a liña divisoria e pregunta polas obras de saneamento que están pendientes na Xunta.

O goberno replica que lle pediu ao conselleiro da  Xunta que paralizara os procesos mentres eles facían un mapa informatizado da rede de saneamento.

O BNG replica que os proxectos de obras son adecuados e necesarios e non comprende como dende o concello se pide á Xunta que os paralice. Ademáis recorda que O Porriño foi o último concello en conectar o saneamento á depuradora de Guillarei.

O árbitro non cre que haxa que recoller esta incidencia e se mantén no que xa recolleu na acta:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Apunta un novo tanto ao equipo local e con este o resultado reflexa un claro cinco a cero.

Séptimo ataque: Volta sacar da liña divisoria o BNG para debatir sobre a actuación da Deputación de Pontevedra.

Pregunta sobre os fondos presentados polo BNG na convocatoria feita pola Deputación e que foron aceptados por esta e todavía non están en marcha.

O goberno lanza o balón fora e di que esas cousas dependen de Louzán directamente e xa lle preguntarán cando pensa facelas.

O BNG asegura que se están retrasando para que se acheguen o máis posible ás datas das eleccións e que O Porriño sigue a ser discriminado polo señor Louzán.

O árbitro, tratándose do persoaxe do que se fala, non recolle estas afirmacións na acta e decreta un novo gol ao equipo local.  Seis a cero no marcador.

O BNG mostra a súa indignación pola palalise do goberno en temas tan importantes para o vecindario e o emprego pero as súas protestas caen en saco roto.

O árbitro non recolle nada na acta e se remite ao recollido anteriormente:

“El gobierno ofreció las explicaciones oportunas, dando ejemplo del buen hacer y la transparencia en las distintas gestiones”.

Un pouco canso do partido, o goberno municipal decide deixar sobre a mesa a petición do BNG de invertir os cartos das expropiacións pola ampliación da CTAG en Budiño nas pistas de atletismo e na zona recreativa que se verán afectadas.

Na mesma posición defensiva o goberno deixa sobre a mesa a petición de iniciar as obras comprometidas polo concello no soterramento da liña de alta tensión de Torneiros e para as que o pleno da corporación aprobou un crédito co goberno anterior.

Tamén se deixa sobre a mesa para mellor estudio o expediente de modificación puntual no Polígono da Granxa que os que conforman o goberno xa deixaran sobre a mesa no último pleno do anterior goberno celebrado en xaneiro deste ano.

O árbitro non recolle estes asuntos na acta e os mesmos non alteran o contundente resultado. E pita o final do encontro cun claro marcador de SEIS A CERO a favor do equipo local.

Conclusión final:

Os xogadores do PSOE manifestaron tomar nota das respostas do goberno nas comparecencias e anunciaron que intervirían sobre as mesmas en próximos plenos. Posición que é facilmente entendible nun partido plantexado a dous e que non tiña vocación de converterse nun triangular.

Non queremos deixar de recoller na nosa crónica as múltiples afirmacións do goberno sobre o contento que está o vecindario con eles e o moi unidos que están.

Non podemos menos que felicitar ao árbitro deste partido, Gabino Porto, pola súa actuación modélica e simplemente botamos en falta que aproveitando a contienda non pidira que nos próximos encontros se obligara á oposición a acudir cun pano na boca e atados de pes e mans para que o partido non durara tanto tempo cando xa se sabe o resultado de antemán.





O XOGADOR NÚMERO 12

23 05 2010

\”El gobierno rinde cuentas\” Artigo de hoxe de Gabino Porto no Faro de Vigo

PRIMEIRA ENTREGA DA CRÓNICA DO PLENO EXTRAORDINARIO.

Moitas veces se ten falado da importancia que ten para os grandes equipos de fútbol poder alinear nos partidos importantes doce xogadores en vez de once e que este novo xogador desequilibrante non xogue coa camiseta do equipo que apoia senón vestido de árbitro, con silbato e capacidade de sacar tarxetas.

Ter ao arbitro a favor é garantía de éxito.

Lendo a crónica do pleno extarordinario solicitado polo BNG e celebrado o pasado venres no concello é facil descubrir que o árbitro, isto é, o cronista do Faro, Gabino Porto, antiguo secretario persoal de Barros con soldo no concello, que ademáis non asistiu ao pleno, asina un acta do partido que debería pasar a ser estudiada nas facultades de arbitraxe (isto é de xornalismo) por ser unha peza difícil de superar.

Aquí vai a nosa crónica do que pasou no pleno e o que recolleu Gabino Porto:

Inicio do partido:

As equipas preséntanse no campo de xogo e, a pesar de que o árbitro non asiste, comenza o partido.

Minutos iniciais:

Aprobación das actas dos partidos celebrados dende que o equipo de Nelson Santos lidera a liga.

A proposta do equipo do BNG quedan sobre a mesa por non reflexar o acontecido nos partidos celebrados. Con esta é a terceira vez que quedan sobre a mesa sin que o alcalde fixera xestión algunha para que foran rectificadas.

Primeiro ataque do equipo do BNG convocante do partido:

Pregunta sobre si é certo que o equipo local aumentou casi o doble dos traballadores e traballadoras en colaboración social logo de ter criticado ao goberno saínte na moción de censura este tipo de contratos. As cifras recollen que se pasou de 33 a 53.  É certo que aumentaron e que en tres meses se gastaron os cartos previstos para todo o ano.

O árbitro Gabino Porto non reflexa no acta esta circunstancia e o gol non sube ao marcador.

Segundo ataque do BNG:

Pregunta si é certo que o novo goberno paralizou a contratación por oposición libre de tres prazas no concello (informátic@, traballador/a social e técnic@ en recursos humanos). Nunha perfecta combinación anuncia que o propio fiscal xefe de Pontevedra remitiu un requerimento ao novo equipo de goberno para que continuara co proceso selectivo.

O concelleiro delegado de persoal admite que as paralizaron pero que agora van continuar co proceso. Non explica si se debe á petición do BNG ou da fiscalía. Tampouco da prazos e recoñece que moitos dos opositores e opositoras foron ao concello a queixarse e foron recibido por el mesmo para darlles explicacións. Tamén recoñece que dúas destas prazas foron cubertas momnetaneamente sen tribunais. Informático e Traballadora social.

O BNG acusa ao goberno de preferir os contratos a dedo que as oposicións libres.

O goberno contraataca dicindo que eles firmaron un convenio colectivo cos traballadores e traballadoras (no que se defende a necesidade de acabar cos contratos precarios como os realizados) e que todo o mundo está moito máis motivado que antes.

O árbitro do encontro, apunta o gol ao equipo local e recolle as declaracións dos delegados do persoal con praza no concello.

Terceiro ataque do BNG:

Pregunta polo deterioro do tráfico, a falta de vixianza dos discos da zona azul de aparcamento limitado no Cando e San Benito e a multitude de coches que aparcan enriba das beirarrúas da humanización de Manuel Rodríguez, as zonas de carga e descarga e as zonas para persoas discapacitadas.

O portavoz do goberno di que as prioridades en materia de seguridade as marca a policía local e que o denunciado non é tan prioritario. Acusa ao BNG das baixas por enfermidade que había na policía e di que agora están moi motivados e traballan como nunca.

Durante o debate o  BNG  pregunta ao goberno sobre a noticia publicada no Faro de Vigo, con gran despliegue, de que o novo goberno ía rebaixar as multas de tráfico. O goberno indica ao BNG que non se debe fiar do que publican os periódicos e que eles nunca dixeron tal cousa.

Pese a ser aludido directamente, o árbitro non reflexa nada no acta e polo tanto esta xogada non ten incidencia no resultado.

Termina este periodo de xogo cun dous a cero a favor do goberno según a acta arbitral.

Retomarémola segunda parte do encontro próximamente. Permanezan atentos ás súas pantallas…

(Para ler a crónica do Faro pincha no enlace que está na entrada deste artigo).





100 DÍAS DE GOBERNO

12 05 2010

Cen días despois da moción de censura, cremos que xa é un bo momento para poder opinar sobre a xestión do novo goberno.

E como nós xa nos adiantamos a estes cen días para opinar, agora vos pedimos que nos digades o que pensades.

Deixar os vosos comentarios ou entrar na sección “ENQUISAS” onde temos novas preguntas, que buscan as vosas opinións.

Adiante animádevos a participar!





NIN SI NIN NON SENÓN TODO O CONTRARIO

6 05 2010

Levamos pidindolle dende hai moitos anos ao Ministerio de Fomento e a Renfe a supresión do paso a nivel.

Contestador automático e silencio.

A morte dun viciño aumentou as protestas e críticas por unha situación que, como as pilas de Duracell, dura e dura sin parecer ter fin.

Hai uns días houbo movementos na liña de ferrocarril.

¿Suprimen o paso a nivel?

Non, lavan a cara da estación!

130.000 euros para obras nunha estación que din que van quitar de inmediato.

Ou tiran os cartos ou non toman o pelo.

Renfe sigue co contestador automático.

Desgraciadamente o alcalde e o goberno non saben, non contestan.

É tan dificil mellorar a seguridade nas barreiras do paso a nivel?

Con cartos dunha subvención que o anterior goberno municipal conseguiu en Europa vaise mellorar a senda do Louro e facer dúas pontes de madeira sobre o río.

É tan costoso facer un paso a nivel subterraneo para peatóns na rúa Cando para os que van pasear ao camiño do Colesterol?

Vanse facer as pontes sin esixirlle a Renfe que faga o paso subterraneo?

Aos expertos que lles preguntamos aseguran que o paso subterraneo custaría menos que as obras que agora fan na estación.

Hai vida intelixente no Ministerio de Fomento e Renfe?

Hai vida intelixente no goberno municipal?

Non insistas en preguntar porque teñen posto o contestador.





PORRIÑO: FLORA E FAUNA

22 04 2010

Pasados xa 81 días dende a moción de censura, podemos xa facer un breve esbozo da dirección que leva este novo goberno de centrodereita. Repasemos primeiro as razóns polas que se presentou a moción:

  1. A maioria de centrodereita.
  2. Falta de unha xestión eficaz, e a situación de parálise do municipio.

Esquécesenos algunha máis? Esta é a lista de razóns que nos levaron ó cambio de goberno porriñes, non as inventamos nós, son as razóns que alegou o novo goberno.

Entremos a analizar agora cada unha delas (tranquilos, debido a curta lista remataremos pronto).

Por un lado, e coa indiscutible axuda das matemáticas, a maioría do centrodereita é impepinable. Pero iso foi así o día da moción, e os sete anos anteriores. Polo tanto, esta razón, aínda que lexítima, fainos pensar que “algo” obligou ás “unidas” filas do centrodereita a demorar presentación da moción. Ben, sen querer profundizar moito no por qué destes anos de indecisión (que cada un saque as súas conclusións), esta circunstancia deulles un tempo precioso a Nelson e ós seus subordinados para crear un plan de actuación urxente ante a apabullante parálese nacionalista que levou a O Porriño a actual situación de anquilosamento.

O que nos leva á segunda razón esgrimida para levar a cabo a moción, a falta de xestión eficaz do BNG. Debido a que nunca explicaron concretamente a que se referían, e vendo as actuacións da actual corporación nestes dous primeiros meses de goberno, podemos supor cales son os importantes temas municipais dos que falan, cousas coma: as pedras rotas da rotonda da central; badéns de quita e pon na baixada de Risca; o grave deterioro da fonte do Cristo (non debería estar permitido ter monumentos de máis de vinte anos, que logo estropeanse e fan feo…); supresión de investimento en actuacións culturais (total iso para que serve?) …

E estas son básicamente todas as solucións que se lles ocurriu frente ós problemas de O Porriño. Se tardaron sete anos en porse de acordo para presentar unha moción de censura que solucionase estes problemas, canto tardarán en porse de acordo para presentar os moi necesarios presupostos municipais? Ou é que acaso neste tempo dedicáronse a solucionar outro tipo de desavenencias persoais e agora tócalles porse as pilas na política local e non saben por onde comezar.

O centrodereita pensou que O Porriño ía realmente despegar coa súa chegada ó poder tan só por ter a maioría no consistorio. Pero vese, dous meses despois, que o único que despegaron foron os seus soldos. Nós, o pobo, seguimos no chan, paseando polas nosas rúas peonís (esperemos que por moito tempo). Eso si, as flores e as árbores volven a estar tan esplendorosas como nos mellores anos do Barrismo…





TABOLEIRO DE ANUNCIOS

18 04 2010

Por fin temos taboleiro de anuncios no Porriño… interactivo, pódese poñer e quitar, iso si só sirve para publicitar grandes eventos deportivos coma as vellas glorias do madrid e do valencia, e non ó  evento deportivo máis importante desta fin de semana que é a fase de ascenso a primeira división do equipo feminino do balonmán Porriño.


Menos mal que aínda así as chicas do balonmán fixeron pequeno o pabellón dous, xa que alí non cabía nin unha soa alma, mentres o partido de futbol indoor non tiña nin media entrada a pesares de que o goberno regalara invitacións a diestro e siniestro, e nin falar do regalo estrela pola asistencia ó partido, unha estilosa camiseta feita na época do Sr. Barros na que se mostra a fachada do concello adornada coas luces de nadal que lle acostumaban a colocar nesas datas.

Está claro, que tamén nisto QUEREN VOLVER Ó PASADO.





QUEREN VOLVER Ó PASADO

14 04 2010

O venres día 9 de abril celebrouse o primeiro pleno ordinario no Porriño despois da moción de censura.

O goberno que tanta presa tivo para convocar os plenos para poñerse os soldos, pasouse do plazo establecido na lei para convocar un pleno normal para tratar asuntos que importan ao vecindario e non só a eles.

Pero que pleno, meus amigos! De doce da mañán a oito da tarde e sin parada para comer. O novo alcalde non tivo nin o respeto e cortesía de facer unha parada para que os concelleiros e concelleiras foran a comer. Como para el ter que facer plenos é unha tortura debeu pensar que era mellor pasar o mal trago todo seguido. Outra explicación non parece que haxa.

Como ben sendo habitual os hooligans de grupo do alcalde montaron un cristo no público. Desta vez con insultos aos de izquierda unida que foran con carteis nas que daban a coñecer as súas protestas. Un follón que se repite pero esta vez parece que os amigos do alcalde foron denunciados na policía local. A ver si aprenden a respetar aos demáis e se deixan de montar bronca.

Tamén estivo ben o punto no que se tratou o conflicto de Graninter (agora La Levantina) e o apoio da corporación aos traballadores e traballadoras que queren desplazar a Alicante. Apoio total da corporación pero tardanza tamén en levar o asunto a pleno. Quedara o alcalde en facelo no mes de marzo e estamos a mediados de abril.

Polo demáis moitos puntos pero a maioría cousas que xa estaban aprobadas inicialmente polo anterior goberno e unhas reformas no mercado que se demostrou que están moi verdes.

Este goberno demostrou que vai tarde, mal e arrastro. Que se comporta con demasiada chulería e que aparte de poñer flores non ten demasiados proxectos que ofrecer.

Como dicía o noso lema da plataforma: QUEREN VOLVER Ó PASADO!





ATERRIZA COMO PUEDAS

8 04 2010

Estas últimas semanas levamos vendo no Porriño ducias de coches mal aparcados, sobre todo nas rúas peonís e nas súas beirarrúas. Se a xente que pasea  os ven, onde andan os municipais?
Isto dos aparcamentos en zonas prohibidas, a parte dunha infracción das normas de tráfico,semella unha falla de respeto tanto os demais conductores coma ós viandantes que ó mellor so queren pasear tranquilamente e non andar esquivando os coches mal estacionados.
Nun destes paseos, concretamente o pasado día 30, xa foi o colmo. Parece incrible que se faga a vista gorda ós coches mal aparcados na peonil mentres seus donos toman tranquilamente un café ou fan unhas compras en establecementos cercanos, pero o alucinante foi comprobar coma un martes de mercado co pobo ateigado de xente, a cofraría da Semana Santa, o cura, o concello ou a quen lle competa este tema, mande estacionar unha furgoneta, (de carmoble para quen lle interese), diante da igrexa para descargar ornamentos para a Semana Santa, sen ánimo de ofender ós que a celebran, cunha zona de carga e descarga a menos de 20 metros. Se os que deben dar bo exemplo fan isto, como podemos pedirlle ó resto da xente que cumpla coas normas? Menos mal que é para actos da Semana Santa e quedarán exculpados…
Por todo isto, habería que recordarlle a TODOS os cidadáns do noso pobo, teñan o cargo ou a ocupación que teñan, que se queremos un Porriño tranquilo e seguro no que poidamos pasear e vivir cos nosos maiores ou nenos/as, respetemos TODOS as normas, o casco urbán do Porriño non é tan grande, e dunha punta a outra tardamos 5 minutos, non fai falla aparcar diante da porta onde imos.

Respeto para TODOS!





A CASA DAS FERROVELLAS

28 03 2010

Para todos é evidente que a drogadicción é un mal que afecta de forma devastadora a moitos mozos, e non tan mozos, da nosa sociedade, e que dende tódolos ámbitos tanto políticos como sociais debemos facer todo o que estea ó alcance da nosa man para tentar erradicalo.
No Porriño, é sabido que dende fai un tempo estaba ocupada a casa das Ferrovellas por un grupo de drogadictos que reuníanse alí para os seus guateques habituais, co comprensible malestar dos veciños e veciñas da zona.
A garda civil e o anterior goberno en colaboración, leveban tempo tentando solucionalo, sempre tendo en conta que estaban diante dunha propiedade privada e que para tomar cartas no asunto faría falta pillar a estes “okupas” coas mans na masa. Que sepamos foron varias as redadas que alí se realizaron, sen dar demasiados froitos, pero sempre dentro da legalidade.
O goberno actual, unha semana despois de ocupar o seu cargo,decidiu tomar a xustiza pola súa man e derribar o teito de dita casa, sen permiso dos propietarios e olvidándose do que significa o termo “propiedade privada” co conseguinte perigo de ser denunciados, e se asi fora non lles debía preocupar moito porque as posibles multas sairían dos bolsillos de tódolos porriñeses.
A “solución” tomada aínda que ilegal, podería parecer rápida e eficaz, pero non foi así o caso, xa que os “okupas” seguen por alí, e senón están alí, van casa da Malladoura , ¿tamén a derribarán?, ou a calquera sitio onde poidan mercar, vender e meterse drogas.
O lóxico non sería que o goberno actual esperara a que as forzas policiais remataran as investigacións e actuaran? ou que traballaran de forma conxunta con eles para ter unha solución real do asunto? ou é que teñen tanta presa por facer cousas antes das vindeiras eleccións que nin sequera se plantexan nin a súa legalidade nin as súas consecuencias?
Mal imos no Porriño se con cada actuación do goberno temos que falar de chapuzas e ilegalidades, só levamos dous meses e unha tras outra, véanse badéns da Risca, fonte do cristo ou este caso concreto da casa das Ferrovellas.
Sr. Nelson, claro que queremos que O Porriño avance e se solucionen problemas tan graves coma este, pero queremos que se fagan as cousas ben, sen tantos apuros, que só dan lugar a parches provisionais, xa que os drogadicctos seguen no Porriño e os que lles venden a mercancía tamén, ó mellor non no barrio de San Sebastián, pero sí no noso pobo.